Proxecto Casón 2015

Promovido pola Concellería de Patrimonio e Paisaxe do Concello de Ortigueira, o proxecto Casón 2015 conta coa financiación de Agader, Costa Noroeste e a Deputación da Coruña, ademáis da aportación municipal.

O obxectivo do proxecto é o de dar a coñecer o xacemento á poboación local e á sociedade en xeral a través dunha serie de traballos arqueolóxicos que teñen como fin o adecentamento para as visitas e a conservación e investigación do sitio.

A actuación, dirixida polo arqueólogo D. Emilio Ramilo González e executada pola empresa ourensá Breogán Arqueoloxía, gañadora da licitación, levarase a cabo entre os meses de xullo e agosto de 2015. Contará cun equipo de arqueólogo, restauradores e documentalistas, ademáis de auxiliares, que levarán a cabo uns traballos divididos en catro tarefas principais:

  • Limpeza do sitio, para permitir a circulación sobre o mesmo, poder levar a cabo os traballos, concebir o lugar no seu conxunto e facilitar o levantamento topográfico e rexistro fotográfico aéreo para un rexistro completo do xacemento.
  • Escavación arqueolóxica, a través dunha serie de catas arqueolóxicas co obxectivo de documentar as orixes e evolución do lugar e procurar datos para desvelar os segredos da súa historia.
  • Consolidación e restauración dunha parte da muralla e das dúas portas coñecidas, sendo estas os elementos máis singulares hoxendía. O obxectivo da consolidación é o de evitar que continúe o deterioro e do derrube das ruínas e dignificar devolvéndolle parte da súa monumentalidade orixinal.
  • Socialización dos traballos e do propio xacemento, a través de diversas actividades de difusión social e científica.

Captura de pantalla 2015-08-07 a la(s) 00.18.41 copia

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s